viernes, 2 de febrero de 2018

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Achégase o ENTROIDO!
O luns 5 de febreiro comezan as celebracións desta tradicional festa, da que dende sempre gozamos no noso cole. Este ano xira arredor do que é o noso proxecto anual: O CINE.
A nosa escola estase poñendo "DE PELÍCULA"!!!!!!!
De luns a xoves (do 5 ao 8 de febreiro) teremos que aturar unha vez máis ao insufrible MECO.
Abofé que vos é ben pesado! Queimámolo un ano e... volve ao seguinte!
Cada día vainos amolar de novo coas súas ordes para vir disfrazados co que el mande.
Mais, din por aquí que o venres vai ser xulgado e, case que seguro, queimado.
Como xa vén sendo cotián, o alumnado de 5º anda a pensar e redactar as ORDES DO MECO e os de 6º, rematando o seu XUIZO E TESTAMENTO.
Estade ben tranquilos, nais e pais do noso alumnado, e tede por seguro que vos informaremos de horarios e demáis detalles a ter en conta o vindeiro
VENRES DÍA 9 DE FEBREIRO. 
Agardemos que non nos chova!   Con este MECO tolo, todo pode ser posible!
Deixámosvos aquí estas imaxes. Están relacionadas cos disfraces e comparsas dos respectivos niveis de alumnos.