viernes, 21 de diciembre de 2018

BO NADAL

Rematado o primeiro trimestre, chegan as vacacións de Nadal. Agora tócavos descansar e coller folgos para o terceiro trimestre.
O voso amigo "Xoan" recórdavos que non esquezades pedirlle na carta dos Reis Magos ou de Papá Noel algún libro, xa que como sabedes ler é moi importante.
Estas son algunhas das recomendacións de "Xoan":

INFANTIL:
            3ANOS                                                   5 ANOS                                             4 ANOS


PRIMARIA:















                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                           

 
 

 6º

                                                                    

viernes, 14 de diciembre de 2018

TRABALLO DISCAPACIDADE 6ºB


Con motivo do Día Internacional da Discapacidade celebrado o pasado 3 de decembro, os alumnos e alumnas de 6ºB elaboraron uns traballos sobre a discapacidade .

En castelán fixeron unha pequena biografía sobre unha persoa con discapacidade que fose un exemplo para a sociedade, e en galego escribiron un pequeno poema sobre a inclusión.

Aqui deixamos unha mostra dos seus traballos.



jueves, 29 de noviembre de 2018

VIDEO CUENTO. AUTISMO




“EL VIAJE DE MARÍA” de Miguel Gallardo (corto- documental  sobre autismo).



"María y yo" é unha obra importante, tanto polo tema que trata, o autismo, como pola mirada delicada, sensible e divertida coa que Miguel Gallardo nos mostra a súa feliz relación coa súa filla, María. Unha obra reveladora, a todas luces catártica, que supón un paso adiante na dilatada traxectoria profesional do creador catalán, coa que se fixo merecedor do Premio Nacional de Cómic de Cataluña 2008.

"BAIXO O MESMO PARAUGAS". DISCAPACIDADE

  


O  3 de decembro de 2018 conmemorase o Día Internacional da Discapacidade .
Con tal motivo 47 entidades sociais das provincias da Coruña e Pontevedra unidas baixo o mesmo paraugas para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.
Para celebralo este ano o día 3 de decembro no porto de Vigo (naútico) as 12:00 levarase a cabo un acto  no que  poderedes asistir levando un paraugas de cores chamativo e poñendolle un lema sobre a discapacidade , tamén podedes aprender a canción de Macaco "Somos unha marea de xente".
Animate a participar!

viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero recondando así as irmáns Mirabal ( Minerva, Patria e María Teresa),coñecidas polo sobrenome de  "As Mariposas" asasinadas o 25 de novembro na República Dominicana por orden do dictador Rafael Leónidas Trujillo do que eran opositoras.
Para conmemorar esta data os alumn@s de primeiro traballaron o libro "ARTUR E CLEMENTINA", libro que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación.









Nesta semana @s compañeir@s de 5 anos, 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria tiveron o seu primeir obradoiro de Camiña con Nós pola Igualdade, desenvolvido dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

A súa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

No seguinte vídeo podedes ver os diferentes obradoiros:




Para rematar, unímonos tod@s @s compañeir@s para elaborar un mural no que mostramos o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.

viernes, 16 de noviembre de 2018

IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS


Nos días 9 e 10 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela( Palacio de  congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Nestas xornadas o profesorado reflexionou sobre os novos retos que afrontan as bibliotecas escolares.
Tivemos a oportunidade de compartir ideas, experiencias con outros centros educativos e mestres involucrados no mundo das bibliotecas escolares.
Foron unhas xornadas moi fructíferas e que aportaron gran cantidade  de ideas para dinamizar a nosa biblioteca.

viernes, 26 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O mércores 24 de outubro abriuse a nosa biblioteca e fíxose entrega das mochilas viaxeiras.
Na hora de ler os nenos e nenas do cole repartíronse polas aulas para contarlles contos os seus compañeiros e compañeiras.
A continuación deixámosvos unha mostra deste día tan especial!!!!!!


martes, 23 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO

Mañá 24 de Outubro abrirase a biblioteca do C.E.I.P. Balaídos. Hermenexilda, Casilda e Xoán darannos a benvida a este novo curso. Serán os encargados de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Esperemos que vivades formidables aventuras.

23 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

 Últimamente escoitanse ruídos no seu interior. Estará Rogelio facendo reformas? Os libros cobrarían vida? Será por iso que aínda está pechada.
Recoméndovos que esteades moi atentos .Que pasará alí dentro?.......................

viernes, 15 de junio de 2018

ENTREGA DE PREMIOS DAS CURTAS (PROXECTO CINE)

O venres día 8 de xuño fixéronse entrega dos premios das curtas realizadas polos alumnos/as e mestres/as do colexio con motivo do proxecto anual "O CINE"




PREMIOS RELATO CURTO

Alumnado de sexto do noso colexio foi premiado como finalista na VI EDICIÓN DO CERTAME DE RELATO CURTO de FANPA na que participaron máis de 1050 participantes.








martes, 5 de junio de 2018

CONCURSO DE CURTAS




Aquí tedes un enlace para poder ver as curtas realizadas polo alumnado e profesores do colexio:
https://unbalaidosdepelicula.weebly.com/concurso-de-curtas.html

lunes, 4 de junio de 2018

VISITA DE IAGO LÓPEZ


O xoves día 24 o animador Iago López estivo no colexio contándonos o conto "Feliz Feroz" nas aulas de primeiro.


viernes, 1 de junio de 2018

MARÍA CANOSA

O luns día 28 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria tivemos a visita de María Canosa que nos falou e firmou  dous dos seus libros.
Nas clases de 3º presentounos o seu libro "Rubicundo"



         

 E nas aulas de 4º presentounos "A cazadora de estrelas"










viernes, 25 de mayo de 2018

VISITA DE ABI CASTILLO



O martes día 22 estivo visitándonos no colexio a ilustradora viguesa Abi Castillo e realizou coa axuda dos nenos e nenas un cadro de recordo para o colexio.Aquí tedes os enlaces para poder ver o que fixemos.
http://lareiradixital.blogspot.com.es/2018/05/abi-castillo_22.html

lhttp://lareiradixital.blogspot.com.es/2018/05/recreacions-das-obras-de-abi-castillo.html

martes, 22 de mayo de 2018

TEATRO NEGRO

Aquí tedes o enlace para ver o teatro negro que outro ano maís preparou cos alumnos e alumnas de 6º curso a profe de música Bea.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/808

RELATO CURTO


Aquí tedes todos os relatos curtos feitos polos alumnos/as participantes. Pincha no seguinte enlace.



http://lareiradixital.blogspot.com.es/2018/03/certame-literario.html

miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS






O próximo 18 de maio celebrase o día das LETRAS GALEGAS que este ano está adicado a Mª Victoria Moreno, con tal motivo no colexio estamos preparando as seguintes actividades:

1) Mural explicando un pouco a súa vida e obra.




2) Elaboración dun cartel en tamaño A3 baseado na carátula dunha obra da escritora. Pódese fotocopiar ou ilustrar a portada, resumir o conto, elaborar poemas, etc.....
As obras elexidas son as seguintes:


Se queres saber máis sobre Mª Victoria Moreno pincha no seguinte enlace:



martes, 15 de mayo de 2018

DÍA DA FAMILIA

Hoxe 15 de maio celebramos nas aulas o día da familia, cada titor traballou cos seus alumnos/as un conto , e despois o alumnadode infantil fixo un mural a partir dunhas imáxes que se lles deron de diferentes tipos de familias e os de Primaria un mural con debuxos feitos por eles de diferentes familias.
Aquí tedes os contos que se traballaron:
INFANTIL
3 anos:"EL libro de la familia"
4 anos:"En familia"
5 anos:"Yo tengo dos mamás,¿y tú?

PRIMARIA
1º :"El gran libro de las familias"
2º:"Cada familia a su aire"
3º:"Unha chea de familias"
4º:"Mamá,¿puedo hacerte una pregunta?
5º:"Mi familia es de otro mundo"
6º:"Familium XXI"
Aquí tedes algùn dos traballos feitos polas aulas: