miércoles, 29 de marzo de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras, unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano.

O escritor Carlos Casares, será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.




viernes, 17 de marzo de 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Do 10 de marzo ao 2 de abril. De luns a venres: de 17:00 a 20:00h.
Os sábados, domingos e festivos:De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h
As exposicións e instalacións permanecerán abertas ao público xeral ata o 2 de abril.
A inscrición é presencial. Podedes apuntaros ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón. Ata esgotar as prazas.

(PREME NA IMAXE)