miércoles, 31 de mayo de 2017

FESTILETRAS 2017

Un ano máis, para pechar o mes das letras galegas celebramos na última semana de maio o noso Festiletras. Este ano tivemos bailes, cancións, poesías, raps e obras de teatro.
Despois das actuacións tivo lugar a entrega dos premios literarios Novoneyra.
Para máis información preme na imaxe seguinte.

viernes, 26 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA EN CASTRELOS

O pasado 23 de maio o cole Balaídos participou na IV Quedada literaria no parque de Castrelos
Ao redor de 800 alumnos e alumnas de infantil e primaria de 10 centros de ensino quedaron para ler e para lle contaren contos ao alumnado de infantil.
Posteiormente nos xardíns do pazo, continuou a festa da lectura compartida co grupo MIGALLAS.
Participou profesorado dos CEIPs Frián-Teis, Ría de Vigo, Balaídos, Emilia Pardo Bazán (O Chouzo), Carrasqueira, Dr. Fléming, Eduardo Pondal, Chans-Bembrive, O Pombal, A Doblada e O CPI Ribeira do Louro do Porriño. 


miércoles, 24 de mayo de 2017

TEATRO NEGRO

Un ano máis celebramos o día do Teatro Negro. O alumnado de 6º de Educación Primaria representaron a obra “O soño máxico” de Ruth Bernárdez, dirixido pola mestra de música Bea.
Para velo podedes pinchar na seguinte imaxe.


viernes, 12 de mayo de 2017

VISITA DE NATI NATILLAS

Onte tivemos a visita Nati Borrajo ou tamén coñecida como "Nati natillas". Esta dramaturga, escritora e actriz visitou primeiro aos alumnos de 4 e 5 anos aos que lles contou a historia de Pingui, unha gota moi aventureira que correu moitas aventuras! Máis tarde alumnos e alumnas disfrutaron con ela de outra actividade relacionada co libro que leron na clase “A xeometría do Faraón”.
                              

jueves, 11 de mayo de 2017

ENTREVISTAMOS A PROFE Mª JESÚS

Neste curso 2016/17, o alumnado de 5º de Ed. Primaria está a traballar na clase de música a música rusa. Aproveitando que temos no colexio a especialista de inglés Mª Jesús, que ten coñecementos de ruso, fixéronlle unha entrevista. O entrevistador foi Marcos Álvarez, e os que grabaron foron Antía Piñeiro e Maia Pérez. Nas preguntas da entrevista participou todo o alumnado de 5º. 

Aprendemos moito e sobre todo a importancia dos idiomas nas relacións humanas.



martes, 9 de mayo de 2017

ENQUISA PARA CALIDADE DA BIBLIOTECA

Rogamos as familias do centro colaboredes ca biblioteca cubrindo a seguinte enquisa. 
Gracias!


lunes, 8 de mayo de 2017

PASEO LITERARIO VERNE

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o Paseo Literario Verne.
Preme no cartel seguinte para máis información.

martes, 2 de mayo de 2017

OS MAIOS

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera.


(Preme na imaxe)