miércoles, 29 de marzo de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras, unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano.

O escritor Carlos Casares, será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.