viernes, 16 de diciembre de 2016

ACTIVIDADES DE NADAL

Chegan as actividades de No Nadal... un conto

Hai actividades:
-que necesitan inscrición previa
-que non necesitan inscrición previa. Nestas, as prazas estarán dispoñibles até completar a capacidade do lugar da actividade.
Condicións das actividades que necesitan inscrición previa:
Enviar correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (co nome/s da/s persoa/s acompañante/s e
idade/s do(s)/a(s) neno(s)/a(s)

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=2.3&uid=3084&mailbox=SU5CT1g&uniq=1481878850488

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=2.2&uid=3084&mailbox=SU5CT1g&uniq=1481878531188

viernes, 2 de diciembre de 2016

CULTURGAL 2016

"Cultura, Comunidade, Futuro"
É o lema da novena edición de Culturgal, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de decembro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra con múltiples actividades.

(PREME NA IMAXE)

jueves, 1 de diciembre de 2016

POSTRES DE NADAL

Como xa sabedes este ano pedimos a colaboración para que os nenos/as traian información sobre receitas de postres de Nadal das diferentes partes do mundo. Estas receitas deberán vir acompañadas dunha foto ou debuxo do postre para facer unha exposición con elas.
Plazo: Ata o venres 9 de decembro.
Animádevos!!!

lunes, 21 de noviembre de 2016

"OBRADOIROS TOPONIMIA, RÍOS E BOSQUES"

(PREME NAS IMAXES)

viernes, 18 de noviembre de 2016

HOMENAXE A GLORIA FUERTES

Hoxe venres a partir das 18:30h a obra de Gloria Fuertes será o fío condutor da sesión de animación á lectura en LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo 1, Vigo), con motivo da publicación de "Poemas de La Oca Loca". Animádevos!

jueves, 10 de noviembre de 2016

DÍA DAS LIBRARIAS

Coincidindo co Día das Librarías, LIBROS PARA SOÑAR recibe este venres ás 18:30 horas os autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra "Unha última carta".
Resultado de imagen de UNHA ULTIMA CARTA

viernes, 4 de noviembre de 2016

VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

(PREME NA IMAXE)

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAGOSTÍN 2016!

O vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso SAMAGOSTÍN e todo o cole está preparado para a festa. 
As portas das nosas aulas e corredoiros están moi terroríficos! Temos un photocall presidido por dúas castañas chamadas Hermenexilda e Casilda e este ano as familias colaboraron facendo caixas portacastañas. 

martes, 25 de octubre de 2016

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebramos o día das bibliotecas na Hora de Ler. Os alumnos/as de 5º estiveron nas aulas de primaria lendo unha poesía e entregando as mochilas viaxeiras. Mañá mércores 26 outubro abriremos a Biblioteca e xa podedes coller libros, contos e DVD´s.




lunes, 24 de octubre de 2016

ACTIVIDADES GRATUÍTAS POLO SAMAÍN

(PREME NA IMAXE)

viernes, 21 de octubre de 2016

CARTEL E PREGÓN DA BIBLIOTECA

Dende 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  co obxectivo  de concienciar á sociedade da importancia  da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as.

Cada ano encárgaselle a un escritor/a  e ilustrador/a a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.

miércoles, 19 de octubre de 2016

RECURSOS SAMAÍN


Pincha na CASTAÑA e verás a proposta de recursos para traballar o MAGOSTO

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/


Pincha na CABAZA, e entra nos recursos para o SAMAÍN.
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/home


E no MORCEGO, a proposta para educación Infantil.


http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/p/samain.html

viernes, 14 de octubre de 2016

"UN MONSTRO VEN A VERME"

Esta semana chegou ás librarías “Un monstro vén a verme”, a edición en galego da novela na que se inspira a película de Juan Antonio Bayona, e que está en carteleira. 
A colección Narrativa K do selo Faktoría K de Libros incorpora esta novela de Patrick Ness, traducida por Xesús Fraga, que foi galardoada cos premios The Red House e National Galaxy, ademais das medallas Carnegie e Greenaway.
"Un monstro ven a verme", de Patrick Ness (trad. X.Fraga), Faktoría K.

CANTA CONNOSCO!

20 anos despois da gravación de cancións tan emblemáticas como “O libro máxico", "Perico Pérez", "O rap da lingua" ou "Dime que fixeches", KALANDRAKA recupera aquel traballo discográfico cunha edición conmemorativa que incorpora unhas fermosas ilustracións de Óscar Villán e os divertidos videoclips de José Miguel Sagüillo.


viernes, 7 de octubre de 2016

“La Pequeña Bella Durmiente (tu primera ópera)”

Animámosvos a ver unha adaptación libre e divertida da versión orixinal "A Bela Durmiente" para achegar o mundo da lírica ás familias e aos máis pequenos. Para nenos/as desde os 4/5 anos.

viernes, 30 de septiembre de 2016

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes"

Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. 
Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares.


BENVIDOS O NOVO CURSO 2016/17

Aquí estamos outra vez para contar novas aventuras e aprender xuntos un ano máis. 
Estamos a poñer a punto a biblioteca para poder tela ao voso servizo canto antes. 
Estade atentos porque moi pronto vos comunicaremos a apertura desta. 

Saúdos de Xoan!

lunes, 13 de junio de 2016

CONCURSO NOVONEYRA 2016

Como todos os anos, coincidindo coas actividades adicadas as Letras Galegas, o equipo de normalización convoca o concurso de relatos Novoneyra. este ano estaban adicados a Vigo, a nosa cidade, xa que foi o obxectivo anual traballado no centro. Se pinchades na imaxe podedes ver os premiados deste ano.
 PREMIADOS

viernes, 27 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS


Na entrada do cole hai unha exposición de instrumentos musicais feito polos alumnos/as de 6º con material de refugallo.

Movie Maker: EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS ALUMNOS DE 6º - Diapositivas

lunes, 9 de mayo de 2016

ENQUISAS PARA AS FAMILIAS

Se pinchades no seguinte enlace podedes cubrir unha enquisa para coñecer a vosa opinión sobre a nosa biblioteca. Por favor, cubrídea antes do venres 20 maio e soamente unha enquisa por familia. A vosa opinión é moi importante para nos. Moitas gracias

ENQUISA

miércoles, 27 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Como todos os anos, quixemos celebrar o Día do Libro cunha lectura de contos de Padriños lectores. Os alumnos/as maiores do cole prepararon un conto para ler ós mais pequenos, todos estiveron moi atentos, e disfrutaron moitisimo. Se premedes na imaxe poderedes ver un vídeo do equipo TIC do centro.
DÍA DO LIBRO

lunes, 11 de abril de 2016

ENCONTRO DO PLAMBE

O venres 8 Abril acudimos ó Encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015 / 2016 que se celebrou en Santiago. As ponencias foron moi interesantes e descubrimos todas as novidades deste curso.

viernes, 8 de abril de 2016

UN MUNDO DE SELOS

Esta semana recibimos no noso colexio a exposición "Un mundo de selos. Podedes ver todo o acontecido pinchando no selo do colexio.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/


viernes, 18 de marzo de 2016

21 de Marzo, día da Poesía


No CEIP Balaídos traballamos o día da poesía. Este ano o tema é Vigo polo que fixemos poemas das esculturas da nosa cidade. Mirade todo o que traballamos, somos uns artistas.





jueves, 25 de febrero de 2016

FESTEXANDO O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe festexamos no CEIP Balaídos o día de Rosalía cunha exposición de traballos. Fixemos debuxos, poemas e unha pequena biografía da súa vida.









lunes, 22 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

O próximo día 24 de febreiro conmemorase o nacemento fai 179 anos de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. No cole estamos traballando a súa biografía e obra a través do Equipo de Normalización.
se pinchades na imaxe poderedes atopar mais información sobre a súa vida e obra.

jueves, 11 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

O pasado venres 5 febreiro celebramos o Entroido no cole, se pinchades na foto poderedes ver e descargar todas as fotos da celebración.

viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Se pinchades na imaxe poderedes ver un video e descargar as fotos do Día da Paz no noso cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/node/492

lunes, 25 de enero de 2016

ENTROIDO

Este ano o Entroido o adicamos a Vigo, e como o ano pasado decoramos os corredoiros do cole coas imaxes e caretas do entroido galego: merdeiro, boteiro... se pinchades na imaxe poderedes ver como o deixaron de bonito os nosos compañeiros/as do equipo de Normalización
http://lareiradixital.blogspot.com.es/2016/01/o-entroido.html

lunes, 11 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Feliz Ano a todos/as!!
Se pinchdes no seguinte enlace poderedes ver unha morea de recursos sobre o Día da Paz para traballar na aula con nenos/as.

DÍA DA PAZ

Este ano cantaremos todos xuntos a cantiga "Campás pola Paz" en lingua de signos. Deixamos o video para que practiquedes.