miércoles, 4 de noviembre de 2015

COLECCIÓN "TALLER EMOCIONES"

Elsa Punset (escritora, divulgadora e importante referente no ámbito da intelixencia emocional) creou unha colección de libros infantís que pretende axudar aos nenos para entender o que senten e a manexar con éxito as súas emocións.
A colección chámase "Taller de emociones" e xa están dispoñibles os dous primeiros volumes: "Los atrevidos dan el gran salto" e "Los atrevidos en busca del tesoro".


martes, 27 de octubre de 2015

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997 cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. 
A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada nesa mesma data en 1992.
O obxectivo era trasladar a importancia da lectura e da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Cada ano encárgaselle a un escritor e ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. O autor é Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura infantil 2014  e a ilustradora Leticia Ruíz Fernández.

(PREME NA IMAXE)

martes, 20 de octubre de 2015

MAMÁ VAISE Á GUERRA CONTRA O CANCRO

 
 
Como se pode explicar a un neno que tes cancro de mama? Irene Aparici converte a súa loita nun conto para os seus fillos.
Unha raíña cuxo territorio é invadido e que ten un exército de aliados que loitará sen condicións ao seu lado. Unha historia alegórica cargada de positivismo para explicar aos nenos a enfermidade do cancro. Ideal para pais, médicos e educadores. Transmite valores como a coraxe, a solidariedade e a esperanza.

martes, 6 de octubre de 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

(Preme na imaxe)

A nova edición do programa Venres nas librarías, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos. Un total de 17 librarías das catro provincias serán o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras e de escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.

martes, 29 de septiembre de 2015

NOVO LIBRO DE XOÁN BABARRO

Comezamos o curso cunha novidade da Editorial Galaxia, na súa colección Arbore e recomendada para lectores a partir dos 10 anos.
Xoán Babarro propón neste libro, unha viaxe ás rúas de Bengala da man do profesor Robindra. Este mestre de literatura, amante do teatro de monicreques, aproveitará as carautas de boteiro de Vilariño de Conso para contar aos nenas e nenas fermosas historias e poesías.
Teremos tamén ocasión de aprender e practicar algunhas palabras en bengalí.

martes, 22 de septiembre de 2015

BENVIDOS O CURSO 2015/16!

Empezamos un novo curso cargado de ilusións e novas propostas. Estade atentos as novidades! Moi pronto abrirá as súas portas a nosa biblioteca!

miércoles, 17 de junio de 2015

jueves, 28 de mayo de 2015

VISITA ALMUDENA APARICIO

Onte recibimos a visita de Almudena Aparicio, una ilustradora viguesa que estivemos traballando.
O seu percorrido comezou nas aulas de 3 anos e foi subindo de nivel ata chegar aos nenos de 6º de primaria. 
Gracias Almudena!







OLLOS DE AULA Nº21 MAIO-XUÑO

http://coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n21.pdf

TEATRO NEGRO 2015

A semana pasada disfrutamos un ano máis do teatro negro CHO-LÍN, realizado polos nenos e nenas de 6º de primaria. A continuación podedes ver os vídeos.

jueves, 14 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE


Este ano 2015 adícaselle o Día das letras galegas ao escritor e historiador XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. 
Se queredes información e recursos sobre a súa vida e obra podedes atopalos nos seguintes enlaces.

Resultado de imagen de XOSE FILGUEIRA VALVERDE

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php 
http://seminariogalan.org/inicio/portada

miércoles, 29 de abril de 2015

REVISTA CRIATURAS

Xa publicouse o número un da revista Criaturas, unha publicación necesaria para coñecer máis e mellor a nosa literatura infantil e xuvenil. Agora, aparece , dedicado ao humor.
Ademáis da súa sección de crítica, artigos de fondo como "O humor na lix galega" de Mª Jesús Fernández, "O que se agacha detrás do teatro de Paula Carballeira" de Vázquez Freire, "Humor no teatro infantil e xuvenil contemporáneo", "Humor na literatura portuguesa", unha guía de lecturas de humor baixo o nome "Constelación: humor" ou a entrevista de Francisco Castro a Paula Carballeira. 

Unha boa ocasión para lembrar o papel do humor na literatura infantil e volver aos grandes do xénero. 

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO 2015

Como todos os anos, o cole celebrou o día do libro lendo maiores a pequenos. Como sempre saíu fenomenal.
No seguinte enlace podedes velo.

viernes, 24 de abril de 2015

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA A MELLORA DA BIBLIOTECA

Outro ano máis solicitamos a vosa colaboración para a mellora dos servizos da biblioteca. Podedes cubrir a seguinte enquisa a través do enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1TiD9ZscurxVd2H3p-LgolY_CKz11yr5NntDll2KxhhY/viewform

martes, 21 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Recompilación da biblioteca Outeiro de Matilda

https://sites.google.com/site/recursosdiadolibro/

jueves, 9 de abril de 2015

OLLOS DE AULA Nº20 MARZO-ABRIL

Este mes trata temas tan interesantes como a mediación escolar, o papel da familia na iniciación á lectura, como detectar un transtorno de conducta alimentaria, recomendacións musicais, literarias e de ocio.

 http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n20_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf

martes, 24 de marzo de 2015

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da poesía deixamos un enlace con recursos para traballar nas aulas.

RECURSOS POESÍA

viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Esta semana celebramos a Semana da prensa! 
Para traballalo tamén en casa podedes acceder o seguinte enlace.



lunes, 9 de marzo de 2015

NOVIDADES

Este ano temos moitos contos e libros como novidades na nosa biblioteca, sobre todo para 2º e 3º ciclo. Espero que vos gusten e veñades moito a ler.

LIBROS CEIBES


Esta semana, o equipo de Normalización comezou a doazón de libros para a actividade de libros ceibes.

Nesta actividade usarán os libros doados polos nenos e colgarán por toda a planta principal á disposición de todos os nenos que os queiran. O único que piden é que cando collan un libro deberán entrar no blogue: librosceibes.blogspot.com e colgar un comentario na entrada do libro e devolvelo ao seu lugar.


Para máis información entrade no blogue: librosceibes.blogspot.com

ou pinchade no seguinte enlace:

LAREIRA DIXITAL

viernes, 6 de marzo de 2015

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
 
Para celebrar este día deixamos unha serie de lecturas protagonizadas por mulleres que contan historias, viven aventuras e reivindican os seus dereitos.
 
 

jueves, 26 de febrero de 2015

RECINTO GRIS

 
A novela "Recinto gris" de Ledicia Costas foi escollida para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade, dentro da IBBY Collection 2015 (Collection of Books for Young People with Disabilities). 
O libro será incluído no Catálogo que se presentará en roda de prensa o 30 de marzo de 2015 na Feira Internacional do Libro de Bologna “Bologna Children’s Book, 2015”. 

A novela realiza unha posta en valor da diferenza, e os seus protagonistas son persoas peculiares e estigmatizados e recluídos, e serán precisamente esas diferenzas as que os axuden a liberarse. Nela abórdanse temas como a solidariedade, a opresión, a colaboración, a violencia ou a utopía.  

A obra, publicada por Xerais, vai pola segunda edición.

lunes, 23 de febrero de 2015

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

O 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, para conmemorar o seu aniversario os nosos amigos do Ceip Belesar fixeron esta montaxe tan bonita. Parabéns!

ROSALÍA

martes, 10 de febrero de 2015

lunes, 9 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

Por fin puidemos celebrar o día da Paz no cole (suspendido pola choiva). Podedes ver unha selección de fotos no seguinte enlace así como todas as actividades que se están a realizar no cole para celebrar o Entroido. Pinchade no seguinte enlace para poder velas.

jueves, 5 de febrero de 2015

OLLOS DE AULA Nº19. FEBREIRO

O nº 19 de "OLLOS DE AULA" aborda este mes:
Estratexias para estimular a intelixencia emocional, cando o alumnado e ás familias deben acudir ao Departamento de Orientación, os centros plurilingües e recomendacións literarias.


http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n19_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf

miércoles, 4 de febrero de 2015

RECURSOS DE ENTROIDO

Aqui tedes unha selección de recursos para traballar o ENTROIDO 2015 feito pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalizaciín e Dinamización Lingüística.
Pinchade no seguinte enlace para poder velos

RECURSOS DE ENTROIDO

viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2015


Para conmemorar o Día da ilustración, hoxe 30 de xaneiro, coincidindo con nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, a Consellería de Cultura programa distintas actividades nas bibliotecas das catro provincias. Obradoiros de ilustración e banda deseñada, faladoiros con ilustradores, exposicións e mostras bibliográficas.


http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2015/01/28/cartel_dia_ilustracion_2015_miguelanxo_prado.pdf