lunes, 27 de octubre de 2014

ACTO DE APERTURA DA BIBLIOTECA 2014

O pasado venres celebramos no centro o ACTO DE APERTURA DE BIBLIOTECA coincidindo co seu día. Este ano comezamos facendo a entrega dos premios do concurso "Debuxa e deseña o teu Xoán". A gañadora do debuxo foi ELENA GUISANDE e a gañadora do lema DESIREE PÉREZ. Continuamos facendo entrega das mochilas viaxeiras empezando pola letra "g".

A continuación podedes ver as fotos do evento. Esperamos que vos gusten.

martes, 21 de octubre de 2014

APERTURA DA BIBLIOTECA

O próximo luns 27 de outubro abriremos a Biblioteca do cole co seguinte horario:
Luns, mércores e xoves 16:00 - 17:30
Martes  16:00 - 17:00 
Esperamos a vosa visita.

jueves, 16 de octubre de 2014

DOUS LIBROS GALEGOS NO WHITE RAVEN 2014


     
             Dous traballos de editoras galegas intégranse na lista White Ravens, que recolle cada ano os douscentos mellores libros de literatura infantil e xuvenil do mundo. A listaxe, que elabora a Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich, recolle un total de seis obras editadas en España. Entre estas inclúe o conto "Gallito pelón", de Paula Carbonell e Philip Giordano, editado pola galega OQO e mais "Nicomedes o pelado", de Pinto e Chinto e editado por Kalandraka. Esta última é a única obra en galego incluída na selección deste ano. 



martes, 14 de octubre de 2014

LUZ DE OUTONO

Aproveitando que este curso é o Ano Internacional da Luz, eleximos este tema para traballar na Biblioteca e en todo o cole. Coa chegada do outono o cole vístese de froitos, follas, cabazas, bellotas, castañas..... para achegar a cada recuncho do cole un pouco de "Luz de Outono"


jueves, 9 de octubre de 2014

OLLOS DE AULA Nº16 (OUTUBRO)

Volve a revista "OLLOS DE AULA" cos seguintes temas:
como crear hábitos de traballo nos nosos fillos/as, consecuencias da LOMCE, a aprendizaxe por proxectos, recomendacións para ler, xogar e bailar.
http://coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n16_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf 
(Preme na imaxe)

lunes, 6 de octubre de 2014

IMAXINA E DESEÑA O TEU XOÁN

Xoán é a mascota da biblioteca. Este ano queremos modernizalo e para iso precisamos a vosa axuda. Xoán pode ser o que vos queirades ( neno, animal, personaxe imaxinario,…)
Preséntate ao noso concurso:
2 modalidades
-          1 deseño de Xoán en tamaño folio
( con calquera técnica: dibuxo, pintura, escultura, dixitalizado,…)
-          1 lema de fomento á lectura, tamén en tamaño folio.

ENTREGA: Na biblioteca
PRAZO: Antes do
Ós gañadores entregarémoslle ós premios no acto de apertura da biblioteca.
Moitas grazas pola vosa participación.

Biblioteca e Normalización.