viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Así celebramos o día da paz no colexio. Foi un día estupendo no que fixemos xogos, escoitamos os alumnos de 6º tocar coa frauta a canción de "IMAXINE" ao compás da música, dixemos unhas frases moi bonitas que esperamos se fagan realidade e soltamos unha pomba que nos trouxo o papá de Alexander (5 anos A). GRAZAS!

miércoles, 29 de enero de 2014

Recursos para o día da paz

http://sgep.org/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=54&Itemid=64&lang=gl

Visita Kalandraka

Onte nos cursos de primeiro de primaria viu un contacontos de Kalandraka:

Traballos feitos sobre unha personaxe

Cada clase encargouse de facer un traballo dunha personaxe e este foi o resultado:

martes, 28 de enero de 2014

30 DE XANEIRO,DÍA DA ILUSTRACIÓN

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, propón diversas actividades dirixidas a todos os públicos e de balde para promover a celebración, por vez primeira, do Día da Ilustración en Galicia.

A Xunta de Galicia crea esta data coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez  Castelao, para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/01/24/dossier_programacion_dia_da_ilustracion_2014.pdf


 (Preme na imaxe para ver a programación)

Día mundial da paz

O día 30 de xaneiro teremos no colexio á celebración do día da paz, neste día diremos algunha frase por clase e soltaremos unha pomba, ademáis cada curso fará un traballo dunha personaxe ilustre, o cal estará exposto no corredoiro que se atopa o lado da sala de mestres. a canción que cantaremos todos/as xuntos será imagine of the people de John Lennon Despois FESTA E XOGOS

domingo, 19 de enero de 2014

TOC TOC

Aconsellámosvos unha nova obra para achegar a música e a poesía aos máis pequenos e pequenas da casa. Cancións en defensa do medio ambiente, a protección dos animais e cousas que nos axudan a facer un mundo mellor.

Un disco pensado para toda a familia, para cantar e bailar.

martes, 14 de enero de 2014

Árbores decoradas

Grazas a tódalas familias pola vosa colaboración para decorar as árbores que se atopan na entrada do noso colexio feitos con material de refugallo, o cal é este ano o noso centro de interese.

viernes, 10 de enero de 2014

OS NOSOS CORREDOIROS

A continuación deixamos unha presentación da decoración que o longo do curso imos facendo nosos corredoiros cos traballos dos nenos e nenas do cole. Esperamos que vos guste!