miércoles, 30 de octubre de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS 2013!

Xa sabemos cales son os gañadores do concurso de cabazas! Cada ano está máis empatado e aínda que todos merecen un premio (e terano convertido en bibliopuntos) só tres poden ser os finalistas, que a maiores se levarán bibliopuntos extra! 4 para o primeiro posto, 3 para o segundo e 2 para o terceiro.

Agora si aí vai o resultado!

- 1º finalista: Alexander García de 6º A de infantil
- 2º finalista: Paula Penedo de 3ºA
- 3º finalista: Adrián Gesteira de 5ºB


Parabén a todos polo voso traballo e ánimo para seguir participando nas vindeiras actividades que se irán propoñendo ao longo deste curso!

martes, 29 de octubre de 2013

ENTREGA MOCHILAS VIAXEIRAS EN PRIMARIA

Onte foi a entrega das mochilas viaxeiras na primaria, os nenos e nenas xa teñen moitas gañas de telas na casa e de coñecer tódalas sorpresas que lles acompañan.


Estas virán cargadas de novidades!

 

viernes, 25 de octubre de 2013

Concurso de cabazas 2013!

Unha das actividades que levamos a cabo ao longo da semana é o noso xa famoso Concurso de Cabazas de Samaín, unha actividade que poñemos en marcha co fin de facer partícipes as familias nesta festa. 

Ano tras ano a participación é maior, así como a orixinalidade á hora de decorar as cabazas. O máis importante é ese momentiño no que toda a familia se reúne para facer algo en común divertido e moi entretido como pode ser decorar unha cabaza.

Cal será a gañadora? Pronto saberémolo. ESTADE MOI ATENTOS!

Un ano máis grazas pola vosa estupenda participación

 

miércoles, 23 de octubre de 2013

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá 24 de outubro é o día internacional das bibliotecas escolares se queredes máis información clicade na imaxe que aparece á dereita do blog, un chisquiño máis abaixo ou na mesma imaxe que aparece aqui.

martes, 22 de octubre de 2013

“Os sábados, conto” na Biblioteca Central. E moitas máis actividades!

Case todos os sábados de outubro a xuño haberá contacontos, teatro, monicreques, etc., para nenos/as a partir de 3 anos na Biblioteca Central de Vigo (c/Joaquín Yañez, 6, Casco Vello). 

 - Sábado 26 ás 11:00: "Maxia Vs Ciencia", narración e teatro pola Illa dous Nenos. Para nenos de 7 a 14 anos. 120 min  

Celebración do Día Internacional das Bibliotecas na Biblioteca Central Taller de actividades infantís no cal se elaborará un libro para a biblioteca. Os nenos/as escollerán a temática da historia que queiran contar nel e montarán coa axuda dos seus pais as distintas páxinas deste libro tan especial. 

- Xoves 24 de outubro ás 18:00 

Para máis información: http://rbgalicia.xunta.es/vigo/ 
                                  Tlf: 986229074 


viernes, 18 de octubre de 2013

O CULLARAPO CROQUE

O mércores 16 de outubro estivo no colexio Balaidos un contacontos "Miguel Ángel" moi simpático que realizou unha actividade cos nenos/as de 5 anos na pizarra dixitak do conto "O Cullarapo Croque"

miércoles, 16 de octubre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL

No colexio xa comezaron na educación infantil unha viaxe sensacional esas mochilas de cor laranxa que fan que os nenos/as e nais e pais teñades un pequeno traballo cos vosos fillos/as na fin de semana despois da lectura dun conto que fai voar a imaxinación. Agardamos que vos gusten.

martes, 8 de octubre de 2013

PAN DE MILLO xa está aquí!

“Pan de millo” é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática. Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.

miércoles, 2 de octubre de 2013

Nace Oink! A revista do Xabarín Club

Saíu á rúa a revista do Xabarín Club Oink, que inicia a súa cita mensual co público infantil e xuvenil repleta de historias, actividades e cómics. A publicación, lanzada pola editorial galega Agalip con licenza da TVG, distribúe en quioscos e subscricións o seu primeiro número, que conta con 56 páxinas. A revista é un proxecto desenvolvido por un equipo de xente nova co obxectivo de ofrecer aos nenos contidos divertidos e dinámicos dende a óptica da mascota do club. Deste modo, nas páxinas de Oink inclúense cómics de autores de distintos estilos, entre os que se encontra Miguelanxo Prado, creador do Xabarín, xunto a Kiko dá Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre ou Pinto&Chinto, entre outros.

OUTONO E MAGOSTO

Xa comezou o OUTONO e con él celebrarémolo magosto e o samain porque SOMOS MOI FESTEIROS (Lembrade que se queredes máis información de estas datas tedes que facer click nos iconos que se atopan a esquerda deste blog)
Coma tódolos anos temos un tema escollido no centro e este ano tócanos OS TRES R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR., para que vaiades entrando en materia eiquí vós deixamos un conto dos BOLECHAS