viernes, 29 de noviembre de 2013

CULTURGAL CHEGOU A PONTEVEDRA!

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais. É un evento cultural para o desfrute de toda a familia que trata de potenciar a cultura galega na comunidade. Celebrarase no Pazo de la Cultura da cidade do Lérez entre os próximos días 29 e 30 de Novembro e 1 de Decembro. Todos os asistentes poderán gozar dunha morea de actividades lúdico-culturais, o espazo albergará tamén unha feira onde as empresas participantes expoñerán os seus produtos á venda e na tenda Culturgal poderanse adquirir produtos cun 10% de desconto. Entre outros o público encontrarase con temas como a literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías, etc.

A entrada será gratuíta aínda que o público poderá pagar unha entrada voluntaria para colaborar.



(Preme na imaxe para ver o programa)

           

martes, 26 de noviembre de 2013

Formación para nais e pais na Semana do Aleitamento, do 26 ao 30 de novembro en Goián.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial contra a Violencia de Xénero o Concello de Tomiño celebra a súa Semana do Aleitamento. Estas xornadas comezan o martes 26 e rematan o sábado 30, ofrecendo obradoiros para pais e nais que nesta edición estarán centrados na comunicación que se emprega no proceso de crianza ainda que tamén hai programada unha charla sobre ximnasia hipopresiva e o sábado levarase a cabo un obradoiro de cantigas de berce. Todas as actividades da Semana do Aleitamento son de balde, pero para algunhas delas é necesario facer inscripción previa. No caso das actividades do martes e do mércores haberá servizo de gardería no propio auditorio.

Programación da Semana do Aleitamento
Martes 26 de novembro
Charla: Dime como falas e direite como educas. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
  • Auditorio de Goián ás 17.00
Mércores 27 de novembro
Charla: Muller, saúde e recuperación postparto. Impartida por Aurora Costas, experta no método hipopresivo
  • Auditorio de Goián ás 17.00
Xoves 28 de novembro
Obradoiro: A linguaxe positiva e a conducta alternativa. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
  • Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Venres 29 de novembro
Obradoiro: Algúns trucos para unha comunicación eficaz. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
  • Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Sábado 30 de novembro
Obradoiro de nanas: Entre arrolos e contiños. A cargo de Migallas Teatro para familias con nenos pequenos.
  • Auditorio de Goián ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Máis información en concellotomino.com e no 986 622 001
  • Auditorio de Goián en Rúa de Pío Troncoso, teléfono 986 622 988
  • Centro Goianés en Avda. Ordóñez 9, teléfono 986 620 017
 semana do aleitamento tomiño goián

viernes, 22 de noviembre de 2013

Fina Casalderrey numeraria da Real Academia Galega!

A escritora Fina Casalderrey ingresará este venres, día 22, como académica numeraria da Real Academia Galega (RAG), nun acto, ás 19.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, segundo informa a institución académica.

Neste, Casalderrey dará lectura ao seu discurso de ingreso 'Viaxe á semente. Dende vos refachos do corazón ata onde habita ou imaxinario'. Tras a súa intervención, e en nome da Real Academia Galega, responderalle Rosario Álvarez Blanco.

Fina Casalderrey Fraga, nacida en Xeve (Pontevedra) en 1951, compaxinou a súa faceta de escritora, fundamentalmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, coa de profesora de Educación Secundaria.


Parabén Fina!


miércoles, 20 de noviembre de 2013

martes, 19 de noviembre de 2013

"A miña primeira Rosalía"

"A miña primeira Rosalía" é un libro disco que continúa a estela daquel outro, "O primeiro Celso Emilio", que Xerais fixera público o ano pasado.
Da autoría de Xosé e Xiama Lastra, o libro consta dunha biografía e unha antoloxía poética, así como dun CD no que se recollen unha ducia de poemas musicados, interpretados por Mini e Mero, Xiana Lastra e María Manuela, que tamén é autora das ilustracións.   




 

A RECICLAXE

Este ano o centro de interese do colexio é o do reciclaxe e se queredes máis información e recursos para traballar clicade na imaxe.

martes, 12 de noviembre de 2013

Ollos de aula, nº10

Ollos de aula é una revista que edita a  coordinadora galega de equipos de dinamización e normalización lingüística. Cada mes sae un novo número con temas moi interesantes. Este mes aborda temas como a coeducación, o acoso escolar e o proxecto interdisciplinar.

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
(Preme na imaxe)

viernes, 8 de noviembre de 2013

Programación cultural en novembro e decembro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo!

O Auditorio municipal ten programadas 16 actividades durante os meses de novembro e decembro. Os espectáculos para público xeral se levarán a cabo os venres pola noite e os de público familiar serán os domingos pola tarde.
As entradas dos venres custarán 7€ e as dos espectáculos familiares dos domingos 3€ para menores de 12 anos e 5€ para adultos. A programación dirixida ao público adulto inclúe pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques para adultos. Na sección para o público familiar poderemos desfrutar de espectáculos de monicreques, de mímica, de teatro musical e contemporáneo e de maxia.

 
 Consulta o programa completo en vigocultura.org

martes, 5 de noviembre de 2013

O SAMAGOSTIN

FESTA NO BALAIDOS!!!! O mércores 30 de outubro os nenos e nenas tiveron no colexio a celebración do tradicional magosto xunto coa celebración do samain O tempo de Samaín tamén é tempo de castañas, de facer colares de zonchos para liberar as ánimas defuntas... Ademáis, é o tempo en que aparece o frío e a morte vaga pola terra. A noite do 31 de outubro é a mais perigosa do ano... As portas do alén ábrense e as ánimas saen a visitar este mundo.... Por iso son moi frecuentes as aparicións da Santa Compaña na Noite de Todos os Santos. Para afastar as ánimas defuntas e errantes, adoitanse facer caliveras na cortiza das cabazas.