jueves, 26 de abril de 2012

ANÍMATE A LER NOS E-BOOKS

Con motivo do Día do Libro dende a biblioteca arranca a campaña de anímación á lectura en E-books que este este ano ten  o obxectivo de achegar aos alumnos a este soporte e ser quen de manexar a biblioteca dixital.
 Cada aula dispón dun libro electrónico: PAPYRE 720, para ser utilizado na Hora de Ler.
No documento adxunto atoparedes normas básicas para a súa utilización:


lunes, 23 de abril de 2012

VISÍTANOS SUSO CUBEIRO

Co gallo do Día  do Libro os alumnos /-as de 1º e 5º de primaria disfrutaron na compaña de Suso Cubeiro que compartiu con eles os seus trucos de debuxo e ilustración.

martes, 17 de abril de 2012

ACTIVIDADES PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Este ano o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. No  enlace podedes atopar actividades para traballar na aula.


Se ademais queredes ampliar información neste enlace podedes atopar a súa  biografía, bibliografía, audios e videos do escritor e mais cousa.
Tamén podedes acceder dende aquí as actividades EDILIM para cada un dos ciclos feitas polo CEIP Valverde Mayo