jueves, 24 de mayo de 2012

SOMOS LECTORES OLÍMPICOS

Co gallo do Día do Libro fixemos a exposición:
"Somos lectores Olímpicos"
sobre os libros preferidos dos alumnos e familias acompañados dun traballo plástico referido ao libro.
Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a súa participación e interese por esta actividade.
Para os que non puideron visitala, podedes disfrutala na seguinte presentación.


MAXIA NAS LETRAS GALEGAS

Co gallo das Letras Galegas os alumnos de infantil a 5º de primaria tiveron ocasión de disfrutar dunha MÁXICA historia:  ATRAPADOS NA TORRE  a  cargo do mago Christian Magic.
Entre relato e relato a maxia fixo acto de presenza  para deleite de todos os nenos e nenas.


martes, 8 de mayo de 2012

viernes, 4 de mayo de 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY

O pasado mércores os Laretas de 2º de primaria tiveron a oportunidade de coñecer a escritora de "O cabalo de lume": Fina Casalderrey. Cabe resaltar a participación e interese que amosaron os nenos/-as . Para rematar firmoulles o libro. ¡Foi xenial! e se non mirade as fotos.