miércoles, 29 de febrero de 2012

EDUCACIÓN DOCUMENTAL

A continuación podedes visualizar e descargar  a Guía de educación documental elaborada polo equipo de biblioteca co fin de que dispoñades de axuda para levar a cabo proxectos de investigación co alumnado. Nela atoparedes unha breve introducción teórica así como unha secuenciación por ciclos de obxectivos, contidos e propostas de actividades  para facer co alumnado de primaria.


O último apartado da guía é un breve resumo dirixido ao alumnado sobre os pasos a seguir para facer un traballo de investigación. Tomamos como referencia a guía feita polo CEIP de Leirado de Salvaterra do Miño e que podedes ver a continuación.

FORMACIÓN DE USUARIOS

Presentamos o PLAN DE FORMACION DE USUARIOS da biblioteca escolar do noso centro. Nel podedes atopar os obxectivos e propostas de actividades para cada un dos ciclos de educación primaria.  Podedes descargarlo dende aquí ou ben solicitando o documento impreso que está a vosa disposición na biblioteca.

viernes, 17 de febrero de 2012

MERDEIROS OLÍMPICOS EN BALAIDOS

Onte todos os nenos do cole superamos a primeira das probas olímpicas deste Entroido.Como verdadeiros atletas corremos para non ser alcanzados polos merdeiros e merdeiras, que de sorpresa, apareceron no patio á hora do recreo.
Sen tregua nin descanso perseguíronnos cos seus paus e berzas ao tempo que nos botaban fariña.
Despois, durante un intre de descanso, poidemos aprender moitas cousas sobre esta tradición viguesa: a orixe, a roupa.....
Rematamos cunha segunda proba escapando dos merdeiros polo patio.
Aínda que houbo choros e algún que outro medo por ahí solto, pasámolo moi ben.
Grazas por vir ao cole.

merdeiros - diapositivas

jueves, 9 de febrero de 2012

CONTACONTOS CON INACIO

O martes visitounos no cole INACIO para contarnos todas esas historias sobre burros  que él coñece  millor que ninguén. Escoitándoo viaxamos por distintos recunchos de Lalín e os seus arredores; unha viaxe que resultou moi divertida para todos os asistentes.
Acudimos todos os nenos do cole repartidos en tres sesións e dende os mais cativos ata os maiores de 3º ciclo de primaria  todos coincidiron no mesmo:

 ¡COMO MOLÓ! 

Inacio - foto montaje

martes, 7 de febrero de 2012

Se queres ver como é un verdadeiro facho olímpico achégate á biblioteca do CEIP Balaidos. Terás a oportunidade de ver e tocar o facho dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 grazas a colaboración de Cristina, mamá de Breixo Domínguez de 2º A.

lunes, 6 de febrero de 2012

EXHIBICIÓN DE ESGRIMA


O venres contamos coa presenza no cole de representantes do clube de esgrima El  Olivo de Vigo para darnos unha pequena charla sobre o esgrima, as suas orixes, reglas, vestimenta, as armas.... A explicación , acompañada dunha presentación power point, foi seguida polos asistentes con gran interese.
Despois, as nosas periodistas acreditadas  de 2º de primaria , María Pérez e Candela Díaz,  tiveron a oportunidade de facer unha entrevista a Yann , monitor de esgrima,  e ao actual campión galego na modalidade de espada Gabriel Traversa.Podedes seguir a entrevista no seguinte video.




E para rematar os nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver e practicar a esgrima con florete e espada. Unha experiencia moi divertida segun palabras dos cativos.