viernes, 17 de junio de 2011

¡ATA O VINDEIRO CURSO!

O equipo de biblioteca quere agradecer a todos a  colaboración durante este primeiro ano no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e desexarvos a todos unhas vacacións cheas de lecturas.
Lembrade que ...
¡Sen un libro na man non hai bo verán!
Ata setembro!

jueves, 9 de junio de 2011

OS MAIOS

O pasado mes de maio os alumnos de 1º de primaria tiveron a ocasión de participar nun obradoiro sobre a historia e elaboración dos maios á carrego de monitoras do Concello de Vigo.
Despois de ver un video sobre a festa dos maios celebrada  no Casco Vello da nosa cidade, no que Don Inverno daba paso a Dona Primaveira e a chegada das flores e a época da fertilidade, os nenos e nenas poideron participar nunha danza de cintas típica de Galicia.
Esta actividade deu pé a un traballo de investigación sobre os lugares de Europa donde se fai esta festa e os tipos de maios existentes: maios figurativos e maios-mozos.






Ademais a biblioteca rtepartiu entre os nenos unha lámina sobre para colorear sobre este tema.

miércoles, 8 de junio de 2011

XA ESTÁN AQUÍ OS CÓMICS

Esta semana contamos coa exposición de cómics cedida por Manuel  García Meira. No corredor da entrada principal podemos disfrutar contemplando distintos exemplares clasificados por etapas: infantil, xuvenil ou cómic para adultos.
Para completar a visita nada millor que adicar un rato á lectura dalgún dos exemplares que están na biblioteca do centro.

Dende a biblioteca queremos agradecer a Manuel García  Meira que comparta con nós esta fabulosa colección.





Os alumnos de 4º e 6º de primaria tamén quixeron introducirse no mundo do cómic e fixeron as súas propias producións. Botade un ollo ao recuncho literario.

martes, 7 de junio de 2011

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O mes  de maio foi un mes movido na biblioteca de infantil. Ademais do grupo Kalandraka os nenos de 3 a 6 anos contaron coa oportunidade de participar nun obradoiro de igualdade promovido polo Concello de Vigo.
Os alumnos tiveron a ocasión de escoitar contos, representalos e mesmo recibir un agasallo: un dominó e un marcapáxinas.

KALANDRAKA E A BIBLIOTECA

Os nenos de infantil tiveron a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos a cárrego do grupo Kalandraka.
Entre música e contos os nenos pasáronno pipaaaa!



RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

NON HAI BO VERÁN
SEN UN LIBRO NA MAN
ASÍ QUE
CONSULTADE
no recuncho lector
 as recomendacións de lecturas para este verán.

miércoles, 1 de junio de 2011

AS FAMILIAS NA BIBLIOTECA

Durante o curso tivemos a oportunidade de contar con familias que visitaron a nosa biblioteca, non só para vir buscar libros, senón para PASAR UN TEMPO DE LECER LENDO COS SEUS FILLOS.



ANIMÁDEVOS  O VINDEIRO CURSO.
PODEDES VIR LER COS VOSOS FILLOS/-AS.
 CONSULTAR INTERNET.
 OU  BOTAR UNHA OLLADA NA SECCIÓN DE PRENSA.


¡ESPERÁMOSVOS!