jueves, 26 de mayo de 2011

TEATRO BABALUVA

Co gallo do Ano Internacional dos Bosques e para motivar ao alumnado no proxecto de investigación sobre este tema, a  biblioteca organizou unha sesión de teatro para o alumnado de infantil, 1º ciclo e 2º ciclo de primaria o pasado mes de abril a cárrego da compañía de teatro BABALUVA
O obra tratou sobre os incendios e a sosteñibilidade dos bosques; Dun xeito moi ameno e divertido, con títeres feitos con materiais de refugallo e obxectos cotiás, poidemos observar de primeira man como se transforma a vida do bosque cando se produce un incendio.


EXPOSICIÓN DE CÓMICS

PRÓXIMAMENTE contaremos counha exposición de cómics organizada pola biblioteca do cole co fin de conmemorar o Día do libro e fomentar entre os nosos lectores a lectura deste tipo de obras.
Estará aberta a toda a comunidade educativa na planta  baixa do centro.
ESTADE ATENTOS AS DATAS!

CONTARTE

A Concellería de Educación en colaboración coa editorial Oqo promoveu unha campaña de animación á lectura que dende a biblioteca non deixamos pasar : CONTARTE.
O pasado mes de abril os alumnos de 4º e 5º de primaria tiveron a sorte  de participar no centro nun obradoiro DE PLÁSTICA CREATIVA titulado HISTORIAS DE CARTÓN na que se achegaron á temática da inmigración e as diferencias sociais existentes entre moitos nenos do mundo.

Dende a biblioteca apostamos por esta actividade como un xeito de achegar aos alumnos á educación de valores.