viernes, 21 de enero de 2011

RECURSOS WEB PARA INVESTIGAR SOBRE OS BOSQUES

LIBROS CEIBES XA!

A partires de hoxe ponse en marcha a campaña de fomento de lectura en galego LIBROS CEIBES pola que os alumnos e alumnas de 3º ciclo de primaria podedes coller os libros que están na mesa do corredor da primeira planta do centro para levar a casa.
No blog librosceibes.blogspot.com podedes ver o regulamento, os libros da campaña e incluso quen ten o libro que vos interesa .

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E POÑEDE EN MARCHA OS ORDENADORES!


DENDE A BIBLIOTECA XOÁN QUERE DAR OS SEUS PARABÉNS A AITOR E JULIO DE 6º A QUE XA ESTÁN NA REDE.

lunes, 17 de enero de 2011

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

No recuncho temático podes atopar xa o programa cos actos de conmemoración do Día da Paz así como recursos web interesantes para obter información sobre o tema.

jueves, 13 de enero de 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O 2011 foi declarado ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, e na biblioteca do cole queremos facer a nosa aportación promovendo un proxecto de investigación dende infantil a a 6º de primaria.
As árbores gardan relación con moitos temas e están presentes en moitas actividades como por exemplo no DÍA DA PAZ;
 SABEDES POR QUE?
Porque  a árbore é o símbolo da paz en África  e  Wangari Mathai foi agasallada co Premio Nobel da Paz 2009, pero queredes saber por qué?.
Acompáñanos na nosa viaxe polos bosques lendo este libro:
Wangari y los árboles de la paz  de Jeannette Winter. Ediciones Ekaré.

¡Podes lélo na biblio do cole!


Ou vendo este video




lunes, 10 de enero de 2011

¿QUE LLE GUSTOU MAIS AOS LECTORES NO 2010?

Co remate do ano 2010 chegan as estatísticas e con elas como non unha que afecta directamente a biblioteca.Veñen de publicarse os 10 tópicos que mais gustaron aos lectores de todas as idades durante o ano 2010 e que son unha grande ferramenta para potenciar a lectura neste novo ano.