viernes, 23 de diciembre de 2011

O NADAL GALEGO

Arbol Navidad con botellas plastico-06 - 01/10 Adornos navideños reciclados   Muñeco de nievo con vasos de plastico - 09/10 Adornos navideños reciclados
Moitas veces non nós preguntamos o por qué dá celebración do Nadal: cales son as súas orixes, por qué se celebra   O NADAL GALEGO. .
Xa chegou o Nadal e con él o  tempo de lecer, e de por adornos  para decorar as nosas casas, tamén temos que felicitar as festas, pero todo isto podémolo facer sen a necesidade de gastar, o mesmo que agasallar ós nosos seres queridos. Soamente temos que empregar a imaxinación.
Dende o departamento da biblioteca desexamos que pasedes unhas boas festas na compaña dos vosos seres queridos
BO NADAL E FELIZ ANINOVO.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

ITINERARIO LECTOR CURSO 2011-12

Primeiro ciclo
 
                    




                            El lagarto soñador
                    Ilustradora: Violeta Monreal


  Ilustrador: Valentí Gubíanas

Segundo ciclo


Xoan Babarro, Ana Mª Fernández:  Atrapado na torre                                                                                     
 Ilustrador: Chrystyan Magic





                                             


       Ilustrador: Xeno 





Terceiro ciclo                        

Ilustrador: Enjamio


 



Rodríguez Banjón,M.AEl niño del palo de fuego    
Ilustrador: Suso Cubeiro 
             

lunes, 19 de diciembre de 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Un ano mais podemos disfrutar lendo  a Historia de Antón e o  apalpador ó carón da cheminea. Para continuar podemos divertirnos un pouco xogando con él, grazas ao traballo elaborado polo EDL do CEIP Cespón.

Tamén podedes ler este outro libro clicando aquí

viernes, 16 de diciembre de 2011

ANO NOVO BIBLIOTECA NOVA

Durante o primeiro trimestre estivemos organizando a biblioteca para prestar un mellor servizo. Coa chegada do vinveiro ano abrimos a biblioteca en horario de mañá para os mestres e os seus alumnos/-a e en horario de tarde para as familias.
Este curso temos algunhas novidades como a seción xuvenil e de adultos e a seción multimedia.
Consultade a guía de usuarios deste curso.
Esperamos a vosa visita.


martes, 13 de diciembre de 2011

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aqui podedes atopar ideas para agasallar este Nadal: lectura,  música e cine.
  Lembrade que todas as recomendacións podedes atopalas na biblioteca.

¡FELICES LECTURAS!





miércoles, 9 de noviembre de 2011

SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

A segunda semana de novembro está adicada á Literatura de tradición oral e dende a biblioteca propoñemos  a celebración dun RECITAL DE REGUEIFAS, como un xeito de achegar aos alumnos e alumnas aos textos de tradición oral.
A continuación podedes atopar unha selección de contos, poemas recitados e outros dialogados recollidos de diferentes fontes bibliográficas.
Non esquezades entrar no recuncho literario onde atoparedes mais recursos.




Se preferimos adentrarnos nas cantigas mais coñecidas , no seguinte enlace temos os textos das cancións
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm

Historias orais
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=11&n=literatura_oral


Recitados e cancións infantís
http://www.orellapendella.org/audio

Outros enlaces donde atopar información:
  1. Relatos en castelán
  2. Tradición oral galega
  3. Contos de vellos

viernes, 4 de noviembre de 2011

¡¡¡SAMAGOSTÍN!!!

O vindeiro venres día 11 de Novembro  imos celebrar no cole o SAMAGOSTÍN e para que vaiades tremendo un pouco de meeedooo!! xa podedes consultar todos os recursos sobre Magosto e Samaín no recuncho temático de Xoán.

jueves, 29 de septiembre de 2011

HOMENAXE A WANGARI MAATHAI

Dende a  biblioteca do cole queremos rendir esta homenaxe a Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz 2004 e que tantas veces demos a coñecer aos nosos lectores . Para mais información pinchade no seguinte enlace.
Muere la ecologista keniana Wangari Maathai, Premio Nobel de la paz 2004 euronews, internacionales#.ToQfvG24rfI.blogger

A continuación podedes ver no video  o labor  de Wangari para repoboar os bosques de Kenia.

BENVIDA AO NOVO CURSO

Dende o recuncho de Xoan queremos dar a benvida ao novo curso escolar. O equipo de biblioteca quere expresar o seu malestar pola reorganización horaria imposta pola Consellería que nos resta moito tempo para levar a cabo a dinamización da biblioteca. Aínda así esperamos que sexa un curso cheo de boas lecturas.

viernes, 17 de junio de 2011

¡ATA O VINDEIRO CURSO!

O equipo de biblioteca quere agradecer a todos a  colaboración durante este primeiro ano no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e desexarvos a todos unhas vacacións cheas de lecturas.
Lembrade que ...
¡Sen un libro na man non hai bo verán!
Ata setembro!

jueves, 9 de junio de 2011

OS MAIOS

O pasado mes de maio os alumnos de 1º de primaria tiveron a ocasión de participar nun obradoiro sobre a historia e elaboración dos maios á carrego de monitoras do Concello de Vigo.
Despois de ver un video sobre a festa dos maios celebrada  no Casco Vello da nosa cidade, no que Don Inverno daba paso a Dona Primaveira e a chegada das flores e a época da fertilidade, os nenos e nenas poideron participar nunha danza de cintas típica de Galicia.
Esta actividade deu pé a un traballo de investigación sobre os lugares de Europa donde se fai esta festa e os tipos de maios existentes: maios figurativos e maios-mozos.






Ademais a biblioteca rtepartiu entre os nenos unha lámina sobre para colorear sobre este tema.

miércoles, 8 de junio de 2011

XA ESTÁN AQUÍ OS CÓMICS

Esta semana contamos coa exposición de cómics cedida por Manuel  García Meira. No corredor da entrada principal podemos disfrutar contemplando distintos exemplares clasificados por etapas: infantil, xuvenil ou cómic para adultos.
Para completar a visita nada millor que adicar un rato á lectura dalgún dos exemplares que están na biblioteca do centro.

Dende a biblioteca queremos agradecer a Manuel García  Meira que comparta con nós esta fabulosa colección.





Os alumnos de 4º e 6º de primaria tamén quixeron introducirse no mundo do cómic e fixeron as súas propias producións. Botade un ollo ao recuncho literario.

martes, 7 de junio de 2011

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O mes  de maio foi un mes movido na biblioteca de infantil. Ademais do grupo Kalandraka os nenos de 3 a 6 anos contaron coa oportunidade de participar nun obradoiro de igualdade promovido polo Concello de Vigo.
Os alumnos tiveron a ocasión de escoitar contos, representalos e mesmo recibir un agasallo: un dominó e un marcapáxinas.

KALANDRAKA E A BIBLIOTECA

Os nenos de infantil tiveron a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos a cárrego do grupo Kalandraka.
Entre música e contos os nenos pasáronno pipaaaa!



RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

NON HAI BO VERÁN
SEN UN LIBRO NA MAN
ASÍ QUE
CONSULTADE
no recuncho lector
 as recomendacións de lecturas para este verán.

miércoles, 1 de junio de 2011

AS FAMILIAS NA BIBLIOTECA

Durante o curso tivemos a oportunidade de contar con familias que visitaron a nosa biblioteca, non só para vir buscar libros, senón para PASAR UN TEMPO DE LECER LENDO COS SEUS FILLOS.



ANIMÁDEVOS  O VINDEIRO CURSO.
PODEDES VIR LER COS VOSOS FILLOS/-AS.
 CONSULTAR INTERNET.
 OU  BOTAR UNHA OLLADA NA SECCIÓN DE PRENSA.


¡ESPERÁMOSVOS!

jueves, 26 de mayo de 2011

TEATRO BABALUVA

Co gallo do Ano Internacional dos Bosques e para motivar ao alumnado no proxecto de investigación sobre este tema, a  biblioteca organizou unha sesión de teatro para o alumnado de infantil, 1º ciclo e 2º ciclo de primaria o pasado mes de abril a cárrego da compañía de teatro BABALUVA
O obra tratou sobre os incendios e a sosteñibilidade dos bosques; Dun xeito moi ameno e divertido, con títeres feitos con materiais de refugallo e obxectos cotiás, poidemos observar de primeira man como se transforma a vida do bosque cando se produce un incendio.


EXPOSICIÓN DE CÓMICS

PRÓXIMAMENTE contaremos counha exposición de cómics organizada pola biblioteca do cole co fin de conmemorar o Día do libro e fomentar entre os nosos lectores a lectura deste tipo de obras.
Estará aberta a toda a comunidade educativa na planta  baixa do centro.
ESTADE ATENTOS AS DATAS!

CONTARTE

A Concellería de Educación en colaboración coa editorial Oqo promoveu unha campaña de animación á lectura que dende a biblioteca non deixamos pasar : CONTARTE.
O pasado mes de abril os alumnos de 4º e 5º de primaria tiveron a sorte  de participar no centro nun obradoiro DE PLÁSTICA CREATIVA titulado HISTORIAS DE CARTÓN na que se achegaron á temática da inmigración e as diferencias sociais existentes entre moitos nenos do mundo.

Dende a biblioteca apostamos por esta actividade como un xeito de achegar aos alumnos á educación de valores.

viernes, 8 de abril de 2011

INVESTIGAMOS SOBRE LODEIRO

Este ano a  revista do cole vai adicada ao pintor vigués Lodeiro. Xa podedes consultar a información sobre o artista no recuncho temático.

viernes, 1 de abril de 2011

SESION DE CONTACONTOS EN INFANTIL

Entre as actividades de animación á lectura propostas pola biblioteca, a finais de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita moi musical: a visita de SERVANDO E O SEU ACORDIÓN.
Xuntos poidemos disfrutar de bonitas sesións de lectura acompañadas da musica do acordeón e pasámolo PIPAAAAAAA!


viernes, 18 de marzo de 2011

LARETAS CON ARTE

A visita á exposición ARTE NA AULA deu pé a un traballo de investigación feito na pizarra dixital coa que os Laretas (1º primaria) estamos a profundizar nas técnicas e pinturas galegas. Se estades interesados entrade no recuncho temático. Gustaravos.

miércoles, 16 de marzo de 2011

ARTE NA AULA

Para a semana do 14 ao 18 de marzo, o equipo de biblioteca organizou unha exposición de arte galego no centro, á que asistiron todos os alumnos/-as do centro cos seus respectivos mestres, en horario de mañá. Polas tardes de 16:00 a 18:00h a exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa. O martes pola tarde o artista Mingos Teixeira, organizador da experiencia que viaxará por mais de 30 centros da cidade, ofreceu unha visita guiada para as familias.
A continuación podedes ver unha guía de actividades para os nenos/-as, algunhas fotos sobre a visita e o video do acto de inauguración.





viernes, 11 de marzo de 2011

II RECITAL DE POESÍA

¡¿Que non sabes como podes demostrar os teus dotes poéticos? ! ¡¿Que estás desexando escoitar un recital de poesía protagonizado por nenos e non sabes donde ir? !
Pois non te perdas o II RECITAL POÉTICO convocado pola biblioteca para o vindeiro martes día 22 de marzo ás 16:30h  no salón de actos do centro.

E non esquezas rechear o formulario de inscripción que levarán os nenos/-as a casa para poder participar como recitador de poesía. Necesitamos papás, mamás, avós, avoas e todos aqueles que queiran pasar un rato agradable.
No recuncho literario hai unha escolma de poemas cancións e adiviñas para ir facendo boca.

Aproveitamos tamén para dicirvos que podedes coñecer a algúns autores iberoamericanos e a súa obra pinchando aquí
¿Que non estás convencido das ventaxas da poesía? Pincha aquí

jueves, 10 de marzo de 2011

MULLERES ILUSTRES

Co gallo do Día da Muller Traballadora , o 8 de marzo, dende a biblioteca do cole Xoán quere facer unha pequena contribución.
Proponse aos alumnos e mestres de todos os ciclos nos axuden a elaborar un mural con mulleres ilustres e destacadas ao longo da historia. O mural está colocado no corredor da planta baixa ao lado da sala de profes, e alí, dende xa, e durante toda a semana que ven , podemos ir pegando as fotos daquelas mulleres ilustres que coñezamos así como unha breve reseña da súa contribución a historia.

UNHA PISTA: ESTADE BEN ATENTOS A EXPOSICIÓN DE ARTE DA VINDEIRA SEMANA

E  os curiosos consultade a páxina temática do blog. Atoparedes moita información.

viernes, 25 de febrero de 2011

CADERNOS DE INVESTIGACION SOBRE OS BOSQUES

 Se queredes empezar as vosas pescudas sobre os bosques, no recuncho temático atoparedes  unha guía para cada un dos ciclos que vos poden servir de axuda.

viernes, 21 de enero de 2011

RECURSOS WEB PARA INVESTIGAR SOBRE OS BOSQUES

LIBROS CEIBES XA!

A partires de hoxe ponse en marcha a campaña de fomento de lectura en galego LIBROS CEIBES pola que os alumnos e alumnas de 3º ciclo de primaria podedes coller os libros que están na mesa do corredor da primeira planta do centro para levar a casa.
No blog librosceibes.blogspot.com podedes ver o regulamento, os libros da campaña e incluso quen ten o libro que vos interesa .

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E POÑEDE EN MARCHA OS ORDENADORES!


DENDE A BIBLIOTECA XOÁN QUERE DAR OS SEUS PARABÉNS A AITOR E JULIO DE 6º A QUE XA ESTÁN NA REDE.

lunes, 17 de enero de 2011

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

No recuncho temático podes atopar xa o programa cos actos de conmemoración do Día da Paz así como recursos web interesantes para obter información sobre o tema.

jueves, 13 de enero de 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O 2011 foi declarado ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, e na biblioteca do cole queremos facer a nosa aportación promovendo un proxecto de investigación dende infantil a a 6º de primaria.
As árbores gardan relación con moitos temas e están presentes en moitas actividades como por exemplo no DÍA DA PAZ;
 SABEDES POR QUE?
Porque  a árbore é o símbolo da paz en África  e  Wangari Mathai foi agasallada co Premio Nobel da Paz 2009, pero queredes saber por qué?.
Acompáñanos na nosa viaxe polos bosques lendo este libro:
Wangari y los árboles de la paz  de Jeannette Winter. Ediciones Ekaré.

¡Podes lélo na biblio do cole!


Ou vendo este video




lunes, 10 de enero de 2011

¿QUE LLE GUSTOU MAIS AOS LECTORES NO 2010?

Co remate do ano 2010 chegan as estatísticas e con elas como non unha que afecta directamente a biblioteca.Veñen de publicarse os 10 tópicos que mais gustaron aos lectores de todas as idades durante o ano 2010 e que son unha grande ferramenta para potenciar a lectura neste novo ano.